Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
TOPONIMIA DETURPADA

O Caudillo abandona Ferrol nos mapas de Google Earth

Rectificar é cousa de sabios e vese que Google non quere quedar por menos, así é que deron cambiado varios topónimos galegos que aparecían en Google Earth na súa versión máis deturpada, como por exemplo El Ferrol del Caudillo. A polémica xurdiu pola protesta de Francisco Rodríguez no Congreso dos Deputados, instando a que o goberno, a través do Ministerio de Industria, negociara coa empresa para que amañara as incorreccións do programa. O deputado do BNG salientou a importancia do problema dada a cantidade de persoas que no mundo consultan o programa, e que poden quedar cunha idea trabucada do que é Galiza. Ademais de Ferrol, Google Earth contaba con 'perlas' como Jubia, Puebla del Caramiñal, Santa Eugenia ou San Saturnino, que xa foron corrixidas.

Anterior:

  • Protesta polo "caudillo" virtual do Google Earth

  • - 18:46 30/10/2006
    Tags:


    5/5 (2 votos)