Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
FORTES CRÍTICAS Á DUREZA DA INTERVENCIÓN MILITAR

Varios mortos e ducias de detidos no caos das rúas de Oaxaca

"Nós non temos armas", defenden os veciños de Oaxaca mobilizados desde hai meses contra o gobernador local, Ulises Ruiz Ortiz. Nas últimas horas morreron na zona un enfermeiro, un rapaz de 12 anos e un xornalista de Indymedia, mortes todas presuntamente causadas polos disparos da Policía Federal Preventiva, PFP, corpo militarizado do que o goberno enviou tres mil efectivos. No caos vivido no lugar, atribúeselle tamén a represión a grupos paramilitares promovidos polo contorno do propio gobernador Ortiz. Entre as últimas novas, chega aviso de que a PFP bloqueou as emisións de Radio Universidade, emisora que viña dándolle voz á Asemblea Popular dos Pobos de Oaxaca, que fixera chamada á "resistencia pacífica" á chegada dos militares, e que de momento conseguiu seguir emitindo a través de internet: "Este é o estado de dereito que pregoa Fox: un estado onde asasinan nenos e a policía carga con rifles contra un pobo desarmado que se manifesta pacificamente", láianse.

- 13:41 30/10/2006
Tags:


0/5 (0 votos)