Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ADEGA PIDE UN COMPROMISO REAL

A Unesco cataloga Os Ancares como Reserva da Biosfera

A comarca dos Ancares converteuse esta semana na terceira das galegas que é declarada Reserva da Biosfera. En 2002 a Unesco catalogou así as Terras do Miño e o ano pasado fixo o mesmo con Allariz. Aínda así, Adega, que cualificou de satisfactoria a decisión, pediulle ás administracións un compromiso para que o acontecido esta semana sexa algo máis ca "un novo título honorífico".

- 07:59 27/10/2006
Tags:

Para o colectivo ecoloxista é tamén prioritario traballar na mellora da calidade de vida da poboación e "elevar as condicións sociais, económicas e culturais, no marco sempre dun desenvolvemento sustentábel". Dende Adega sinalan que os veciños da zona están preocupados polas "posíbeis repercusións negativas que poda ter sobre a actividade agro gandeira e demais actividades económicas da comarca". A asociación lembra que é necesaria a participación das institucións locais e do secundario en xeral. Adega conclúe que esta declaración ten que servir para un verdadeiro desenvolvemento sostible e para elevar a calidade de vida dos que continúan vivindo na comarca montañesa.


0/5 (0 votos)