Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
CONTINÚAN AS PROXECCIÓNS NO PICHEL

Segunda parte de 'Amsterdam global village' no Cineclube de Compostela

Este mércores ás dez, o local social O Pichel acolle a segunda parte do documental do cineasta holandés Johan van der Keuken Amsterdam Global Village, catro horas de filmacións (divididas en dúas sesións) para percorrermos a cidade multicultural por antonomasia da man dun dos mellores directores contemporáneos. O Cineclube de Compostela chega así ao ecuador do seu ciclo sobre cidades no cinema, que comezou con De nens, de Joaquim Jordá, e continuou con Deux ou trois choises que je sais d'elle. Aínda poderemos ver, para a semana, Os canallas dormen en paz, de Akira Kurosawa.

- 13:02 24/10/2006
Tags:

O Raval barcelonés que se resiste a ser sepultado baixo o cemento e a aparente normalidade social, o París dos anos sesenta personalizado nunha muller, o Amsterdam heteroxéneo dos nosos días, quen de concentrar multiplicidade de culturas e identidades, e un Hamlet moderno levado a un Toquio que comeza a inserirse na economía global, con todo o xogo de poder e corrupción que carrexa. Son algunhas das temáticas das que puidemos gozar ao longo deste mes de novembro, da man de xenios como Jordá, Godard, van der Keuken e Kurosawa.

O Cineclube comeza o curso con moi bó pé, despois de dúas sesións inaugurais con Memorias do subdesenvolvemento, do cubano Tomás Gutiérrez Alea e Punishment Park, de Peter Watkins, en setembro. Aínda está por chegar a estrea en Galiza do documental de Wang Bing Ao oeste dos camiños de ferro, estruturado en catro partes que poderemos gozar ao longo do mes de novembro. Xa en decembro, teremos oportunidade de ver The edge of the world, de Michael Powell, e Faces, de John Cassavettes. Para obter máis detalles sobre a programación ou descargar o dossier sobre cinema e cidade que veñen de publicar, podemos dar unha volta polo seu recén estreado blog.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: