Parisa, Khairieh, Kobra, Soghra, Ira, Shamameh e Fatemeh. Son os nomes de sete mulleres iranís "inxustamente condenadas á pena máis cruel, inhumana e degradante: a pena de morte". Amnistía Internacional denuncia que unha vez máis, a República Islámica de Irán aplicará o artigo 83 do seu Código Penal, onde se cualifica o adulterio como delito con castigo de pena de morte para a muller a través de lapidación. Máis de cen mil persoas asinaron xa contra este ataque aos dereitos humanos. "Aínda estamos a tempo de parar a execución. Non quedes en silencio".