O 25 de xuño de 1976 dúas das pezas fundamentais de Voces Ceibes, Benedicto e Bibiano, oferecían no Pavillón dos Deportes da Coruña un recital en solidariedade co dirixente comunista Santiago Alvarez, preso no penal de Carabanchel. Ese mesmo verán edítase para recadar fondos unha casete con nove temas dese concerto da que se chegan a distribuir dous mi exemplares. Trinta anos despois, a plataforma A Regueifa ofrécenos a versión orixinal íntegra de nove temas deste histórico concerto.
Os nove cortes deste concerto pódense descargar de manera gratuíta en MP3 e están distribuídos baixo licenza Creative Commons. Entre eles están cancións tan coñecidas e coreadas tradicionalmente polo movemento de esquerdas galego como Nosa señora da Guía ou Pola Unión.