Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
FOI PROCESADO NO SEU PAÍS POR CRITICAR O XENOCIDIO CURDO E ARMENIO

Nobel de literatura para o turco Orhan Pamuk

"Na súa procura da alma melancólica da súa cidade natal descubriu novos símbolos para o choque e o entrelazamento de culturas". Así o destaca a Academia Sueca, sobre o escritor turco Orhan Pamuk, de 54 anos, para quen se anunciou este xoves o Nobel de Literatura 2007. Pamuk, que na actualidade vive en Istambul, foi no seu momento o primeiro autor no mundo muslmán que ergueu a voz para condenar a fatwa iniciada contra o escritor Salman Rushdie. El mesmo, despois de denunciar nun xornal suízo o asasinato de 30 mil curdos e un millón de armenios por Turquía, tivo que afrontar un proceso xudicial no seu país. O seu primeiro libro, Cevdet Bey e os seus fillos (1982), conta a historia dunha familia ao longo de tres xeracións, relatando o cambio dunha familia tradicional turca cara a un estilo de vida máis occidental. Con obra traducida a máis de 30 linguas, os seus traballos acostuman a estar tinguidos dese encontro, de convivencia e diferencias, entre Oriente e Occidente.

  • Vídeo do anuncio, bio-bibliografía do escritor e entrevista, na web da Academia Sueca
  • Orhan Pamuk, a súa web oficial e máis información e ligazóns na Wikipedia
  • En abril de 2005, chamada de colectivos internacionais en defensa de Pamuk e contra a intención de estremistas de queimar os seus libros

- 12:38 17/10/2006
Tags:


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: