Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
[DEPORTE GALEGO]

O Lalín Arena xa está licitado

A mesa de contratación do Concello de Lalín licitou a semana pasada as obras do novo pavillón multiusos que se proxecta na vila, o Lalín Arena. Cun custo de 8,5 millóns de euros, o pavillón ocupara unha superficie de case 18.000 metros cadrados. O edificio construirase con formigón e chapa como principais materiais e estruturarase en diferentes niveis de terrazas co obxectivo de reducir o impacto visual. A construción, de catro plantas de altura, contará tamén cunha gran cristaleira aberta aos alzados principais e con case 70 prazas de aparcamento.

- 08:50 17/10/2006
Tags:

A única proposta presentada ao concurso para construír e explotar o Lalín Arena recibiu a semana pasada a luz verde da mesa de contratación do Concello de Lalín. Será a Unión Temporal de Empresas (UTE) formada por Gaia Gestión Deportiva e Brués y Fernandez Construcciones quen desenvolva o proxecto.

O pavillón ten como obxectivo compatibilizar os grandes eventos deportivos, musicais e congresuais co uso cotiá por parte dos veciños. Serán case 18.000 metros cadrados os destinados ao complexo, 12.000 en concreto para a construción e uns 6.000 para os accesos e zonas verdes. O Lalín Arena construirase en formigón e chapa e esta deseñado para minimizar ao máximo o seu impacto visual. O pavillón tamén contará con paneis solares para procurar unha eficacia enerxética.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: