Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
MEDIO ANO DESPOIS DE BOTAR A ANDAR O SERVIZO

Os lugueses crean medio cento de blogs na plataforma municipal de e-cadernos

O anuncio dunha reunión do grupo de ceiba-libros Bookcrossing Lugo, as reflexións do futuro politólogo Diego Pena Luaces, unha cantiga retranqueira que zoupa nun concelleiro, unha chamada a que os partidos políticos no canto de núcleos de poder sexan "unha aira onde todos puideran participar" ou simplemente un subliñado: "Lugo, cidade maravillosa". Velaí algúns dos artigos que agora mesmo están en portada da web Cadernos de Lugo, que en cinco meses sumou medio cento de bitácoras fornecidas e algo máis de tres milleiros de visitas.

- 12:22 16/10/2006
Tags:


0/5 (0 votos)