Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
OS SINDICATOS ANUNCIAN MOBILIZACIÓNS

Espinosa ignora as reclamacións galegas ao anteproxecto do Plan Leiteiro

En visita a Asturias, a ministra de Agricultura, Elena Espinosa, sorprendía coa afirmación de que ningunha comunidade autónoma presentara alegacións ao Plan Leiteiro deseñado polo executivo estatal. Paradoxalmente, durante a semana anterior o propio conselleiro do Medio Rural tivera varios contactos coa propia ministra para subliñarlle a oposición de Galiza ao proxecto dese Plan Lácteo e na altura do mércores xa lle remitiran por escrito ao ministerio as alegacións a ese documento. A Xunta considera que se impide a redistribución de cota con criterios sociais, se zoupa outra vez en pequenas e medianas explotacións e se aplican mecanismos que impedirán a súa mobilidade entre comunidades. Mentres, sindicatos agrarios galegos reúnense este mesmo luns para definir un calendario de accións de protesta ao plan que pretende impoñer o ministerio. De xeito concreto, Unións Agrarias propón tamén que se inicie unha vía xudicial contra o decreto.

  • Anteriores: Sector leiteiro e comunidades autónomas procurarán un acordo sobre o prezo do leite
  • Piden criterios sociais para a concesión da cota leiteira

- 06:57 16/10/2006
Tags:


0/5 (0 votos)