Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
PODERASE VOTAR DENDE GALIZA POR INTERNET

Narf participa este sábado no eurofestival de linguas minorizadas

O músico Fran Pérez e o seu grupo Narf representarán a nosa lingua este sábado na cuarta edición do Liet-Lavlut, festival europeo da canción en linguas minorizadas. Este ano celébrase na cidade lapoa de Östersund, en territorio sueco e como en cada edición tamén haberá galego no xurado: será o xornalista Kiko Novoa, autor do blog Facéndome o sueco e colaborador de Vieiros. Narf terá que competir con outras dez finalistas en gaélico, eusquera, friulano, occitano, sami, meankieli, meänkieli, manx, romaní, e votico. É o terceiro ano que a nosa lingua participa, despois de que o fixeran Anubía no 2003 e Uxía no 2004. Por primeira vez poderase votar por internet e SMS.

- 07:33 16/10/2006
Tags:

É a primeira vez que o Liet Internacional se fai fóra de Frisia, onde se comezou a facer no ano 2002. A organización correrá a cargo das minorías finlandesa e lapoa de Suecia, e estará apoiado economicamente polo concello de Östersund, a provincia de Jämtland e o parlamento lapón de Suecia. Na nova ubicación do festival tamén influíu que os lapóns resultaron vencedores nas dúas últimas edicións.

Pero o festival está aberto a facerse noutros lugares de Europa, e mesmo a implicar a máis dunha cidade na mesma edición, pois contémplase a idea de organizar fases sectoriais ao longo do continentente. A nosa Consellaría de Cultura interesouse pola posibilidade de que Galiza poida ser sé do Liet nalgunha das vindeiras edicións, se ben está descartado que sexa o ano que vén.

Como seguir o festival na rede?
A canción coa que participará Narf titúlase Santiago e pódese escoitar aquí. Tamén se poderá seguir en directo o certame o domingo pola tarde a través da web da radio pública sueca. Aínda que hai un xurado o festival admite por primeira vez votación por internet e por SMS, aínda que este sistema só o poderán empregar os que vivan en territorio sueco. O resto de Europa poderá facelo a través desta web, pero só cando se abran as votacións, das oito e media ás nove da noite. Así que todos a apoiar a Narf o domingo, e a aumentar as posibilidades de que Galiza acolla algún día a organización do Liet.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: