Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
OPINIÓN

Podería ser vostede o verdugo ou abolimos a pena de morte?

Si, lector, pense mentalmente (ou se non o coñece cómpreo) no Réquiem de Mozart, convídolle a que o faga ou o escoite, polo menos, cada dez de outubro, Día Mundial Contra A Pena de Morte. Non sei se vostede está a prol de aplicala a moita xente (asasinos, violadores, maltratadores de mulleres con resultado de morte, terroristas que voan trens, torturadores de Abu Graib e Guantánamo, corruptos e corruptibles, condutores suicidas que fallan o obxectivo e se levan por diante a viandantes indefensos) ou de seleccionar coidadosamente ós executados (aqueles que cometen os crimes máis atroces como queimar a unha indixente e gravala nun móbil de última xeración) ou é dos que matarían só levados pola rabia cando unha navalla ameaza á súa filla ou se, simple e intelectualmente está en contra a pena última. Un artigo de Esteban Beltrán, director da Sección española de Amnistía Internacional.

- 09:14 10/10/2006
Tags:

Si, lector, pense mentalmente (ou se non o coñece cómpreo) no Réquiem de Mozart, convídolle a que o faga ou o escoite, polo menos, cada dez de outubro, Día Mundial Contra A Pena de Morte. Non sei se vostede está a prol de aplicala a moita xente (asasinos, violadores, maltratadores de mulleres con resultado de morte, terroristas que voan trens, torturadores de Abu Graib e Guantánamo, corruptos e corruptibles, condutores suicidas que fallan o obxectivo e se levan por diante a viandantes indefensos) ou de seleccionar coidadosamente ós executados (aqueles que cometen os crimes máis atroces como queimar a unha indixente e gravala nun móbil de última xeración) ou é dos que matarían só levados pola rabia cando unha navalla ameaza á súa filla ou se, simple e intelectualmente está en contra a pena última.

En tódolos casos, sexa vostede quen sexa e opine o que opine, poña o réquiem e atrévase a responder honestamente á seguinte pregunta: ¿sería capaz de ser vostede o verdugo?. Se vostede é chinés tería todo o apoio do estado e podería executar, xeralmente dun tiro na caluga, ou tamén por inxección letal a persoas que puideron cometer ata sesenta e oito tipos de delitos diferentes. A pena de morte utilízase de forma ampla e arbitraria, frecuentemente como resultado de inxerencias políticas. Vostede, se fose un recoñecido verdugo especialmente destro coa agulla ou a bala e quixese facer horas extras, podería executar ata a 3.000 persoas por ano. Nalgúns países pode vostede ser irmán, curmá ou nai daquel que un criminal matou a sangue fría e, co apoio ou o silencio do estado, pode executar coas súas propias mans. É o caso de Hayatullah Gul, executado dúas días despois de empeza-la primavera este ano,en Tiarza, Waziristán Meridional, Pakistán, por orde dun consello (shura) de persoas descritas nos medios de comunicación paquistaníes como "talibáns locais". Matouno dun disparo o pai dun taxista ó que Hayatullah Gul presuntamente asasinara unhas dúas semanas antes. O "xuízo" durou só unhas poucas horas.

Pero vostede quizais rexeita horrorizado executar por razóns políticas e en masa, e tamén lle repugna a lei sharia, pero pensa que podería ser verdugo nunha democracia. Tamén tería vostede traballo, podería ser verdugo en calquera dos 33 estados de Estados Unidos onde aínda se aplica e mantén a pena de morte. Podería selo por exemplo de Texas, o estado coñecido en todo o mundo por se-lo mais densamente poboado por verdugos e despoboado de executados.

Estou en contra a pena de morte, non debe existir, non debe haber verdugos pagados polos presupostos xerais do estado. E vostede querido lector? Quen a ferro mata a ferro morre? Quizais non quere pensar en mancharse a man de sangue e é dos que cren que sen embargo é o estado quen si debe executar, que para iso vostede paga impostos e que o estado ten que matar por un para que un (ou sexa vostede e eu) estea protexido. E se lle dixese que non hai menos asasinos, psicópatas, violadores, traficantes de drogas, terroristas, asasinos dentro do estado e cómplices de todo por aplica-la pena de morte? E se lle dixese que os estados están xubilando ós verdugos oficiais (os clandestinos nunca son xubilados nin recoñecidos) en todo o mundo? Por primeira vez na historia, a metade dos países do mundo xa non matan e eliminaron forcas, fusilamentos, garrote vil ou inxección letal dos seus códigos penais ou esqueron estes artigos -aínda que seguen vixentes como unha ameaza- e non os aplican.

Equivócanse tódolos estados cando desde o ano 1990 mais de 40 países aboliron a pena de morte? E se lle dixese que destes 40 só catro a quixeron reinstaurar? Aínda os verdugos executan pero, non se engane, lector, cada vez menos. No ano 2005, só 22 Estados levaron a cabo execucións.

Non vale xa xustificarse, os estudos máis recentes deixan en evidencia a mais crúa das verdades, a pena de morte é o mais premeditado dos asasinatos e só serve para nutri-la capacidade de vinganza do Estado. A pena de morte é inútil.

En Estados Unidos, Canadá e outros países, os indicios non amosan que os delitos violentos aumenten en ausencia a pena de morte. Por exemplo, en Estados Unidos, a media de asasinatos en 2004 en estados nos que existe a pena de morte era de 5,71 por 100.000 habitantes, mentres que, en estados sen a pena capital, este porcentaxe era tan só de 4,02 por 100.000 habitantes.

Podemos acabar - que ironía - coa pena de morte, está ó alcance da nosa xeración. Ao final só cabe unha pregunta: que mundo quere vostede para a súa filla, para o seu neto, para o seu veciño?


0/5 (0 votos)