O balonmán feminino galego perdeu esta tempada a un dos grandes referentes das últimas dúas décadas nesta disciplina. O Coruña, posuidor de varios títulos autonómicos, desaparece por mor da enfermidade que arrastra o protector do club, Tito Villar, que lle impide seguir dirixindo desde o banco e a oficina. Xa a tempada pasada procurouse unha solución de urxencia na que colaboraron coa dirección do club a muller de Villar e as xogadoras máis veteranas. Este ano, decidiuse poñer fin a traxectoria do Coruña acordando o traspaso de boa parte das xogadoras ás filas do Narón.