Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NO CONXUNTO DO ESTADO DESCENDEU 0,8 PUNTOS

O paro aumentou un 0,3 por cento no mes de setembro

O Instituto Nacional de Empleo (Inem) fixo públicos hoxe os seus datos referidos ao número de parados rexistrados nas súas oficinas. En Galiza, a cifra aumentou en 446 persoas, o que sitúa o número total de desempregados en 146.834. Isto supón un total de 146.834 desempregados. No conxunto do Estado, as cifras do Inem reflicten un descenso do paro de 0,8 puntos. Aínda así, en relación a setembro do 2005, Galiza conta con 10.282 desempregados menos, un 6,54%.

- 15:58 03/10/2006
Tags:

Dos 146.834 parados rexistrados en Galiza, 82.745 pertencen ao sector servizos (362 máis que no mes de agosto), 23.463 á industria (122 máis), 21.508 ao colectivo sen emprego anterior (237 máis), 14.652 á construción (268 menos) e 4.466 á agricultura (7 menos).

Por provincias, A Coruña e Pontevedra rexistraron unha subida do emprego neste último mes. En Pontevedra o aumento foi de 452 persoas mentres que na Coruña foi de 119. Pola contra, en Lugo e Ourense baixou a cifra: 83 e 42 persoas respectivamente.

Os datos publicados hoxe polo Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais sitúan á provincia da Coruña a cabeza do desemprego galego con 60.536 parados, seguida de Pontevedra, 53.513: Ourense, 18.509; e Lugo con 14.276.

Malia os datos deste último mes, en relación co mes de setembro de 2005, o paro na Comunidade baixou en 10.282 persoas, o que supón un 6,54 por cento. Por sexos, segue a haber unha grande diferenza, situándose o masculino en 52.478 e o feminino en 94.356. O número de contratos no mes elevouse ata os 76.665, 131 máis que en Agosto. 8.849 foron contratos indefinidos, o que supón un aumento de 1.451 respecto ao mes anterior.

No conxunto do Estado, o paro baixou un 0,8 por cento respecto a agosto, rexistrando así a maior baixada da historia, despois de subir en 28.000 persoas durante ese mes.


0/5 (0 votos)