Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
[MOTOT][WORLD SERIES BY RENAULT]

Celso Miguez obtén dous sextos postos en Le Mans

O piloto Celso Míguez Pereira obtivo un total de dez puntos na súa visita ao circuíto francés de Le Mans, no que foi a penúltima proba das World Series by Renault, o que sería a segunda división da Fórmula 1. O pontevedrés, que rematou na sexta posición as dúas carreiras que desputou na fin de semana, ocupa agora o posto 21 da clasificación de pilotos con once puntos. O piloto do Aluminios Cortizo destacou que os bos resultados son o xeito que ten de demostrarlle á escudería Comtec que non se equivocaron coa súa fichaxe.

- 10:03 03/10/2006
Tags:

O cambio de equipo sentoulle ben a Celso Míguez. O piloto galego, que abandonaba hai un mes a escudería Pons Racing para fichar polo Comtec, asinou esta fin de semana a súa mellor actuación da tempada no mítico circuíto de Le Mans.

Míguez acadou foi sexto nas dúas carreiras que se desputaron a fin de semana, o que lle permite ocupar o posto 21 da clasificación con once puntos. O pontevedrés puxolle fin deste xeito á racha negativa que arrastraba desde o comezo da tempada polo que os bos resultados supoñen "unha enorme satisfacción". Celso ve tamén nos dez puntos acadados o xeito de demostrarlle ao seu equipo que non se equivocaron coa súa fichaxe.

O piloto do Comtec recoñece que os puntos acadados, aparte de permitirlle subir oito prazas na clasificación, elévanlle a moral para afrontar a última carreira en Montmeló, que se celebrará os próximos 28 e 29 de outubro no circuíto barcelonés.

Na carreira do domingo Míguez remontou ata nove posicións para acadar o sexto posto, mentres que na xornada do sábado foi o mellor dos pilotos estatais.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: