Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
VINDEIRAS ELECCIONS MUNICIPAIS 2007

Perfilados os candidatos á alcaldía de Ourense

Coa confirmación no fin de semana da candidatura de Francisco Rodríguez por parte do PSOE péchase o trío de candidatos dos partidos maioritarios para suceder a Manuel Cabezas ao fronte da alcaldía ourensá.

- 21:17 02/10/2006
Tags:

Primeiro foi Alexandre Sánchez Vidal por parte do BNG, despois a aparición de Enrique Nóvoa como candidato dos populares e agora Francisco Rodríguez confirmou que será o candidato do PSOE.

Despois de moitos anos as eleccións preséntanse bastante abertas ainda que as enquisas vaticinen a pérdida da maioría absoluta do PP, o que abriría as portas a outras opcións políticas.

Manuel Cabezas abandonará a alcaldía uns meses antes das eleccións para deixar o posto a Enrique Nóvoa, nunha maniobra que foi moi criticada por parte da oposición. No mes de febreiro de 2007, Manuel Cabezas abandonará unha alcaldía que asumira no ano 1995 e que pasou por diversas fases ainda que na última lexislatura estivo chea de moitas polémicas.

Francisco Rodríguez, o candidato do PSOE, repite como candidato, o mesmo que o Sánchez Vidal, o candidato nacionalista. Por contra, para Enrique Nóvoa será a súa primeira opción de ser alcalde (sen contar o "xesto" de Cabezas que lle permitirá ser alcalde durante xa uns meses do ano 2007)


0/5 (0 votos)