Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
23 E 24 DE SETEMBRO

O festival Terractiva proclama en Arzúa que o monte é "para quen o defenda"

A vila coruñesa de Arzúa acollerá esta fin de semana unha nova edición do festival medioambiental Terractiva. Co obxectivo de defender a terra, "a nosa e máis a do planeta", o cita defínese como a festa das alternativas e calidade de vida, onde se mesturará a expresión artística e cultural coa loita pola defensa da biodiversidade. O festival contará con actuacións teatrais, concertos, actividades lúdicas, exposicións, demostracións, conferencias, ou incluso unha feira ecolóxica.

- 16:52 26/09/2006
Tags:

Durante dous días, Arzúa será o escenario dunha nova edición do festival Terractiva. As rúas da vila acollerán unha extensa programación na que se conxugan actividades lúdicas e culturais, coas reivindicativas e formativas, pensadas para un público multixeracional. Están convidados a participar na cita produtores biolóxicos, colectivos ecoloxistas e público en xeral, co espírito de relacionarse e aprender, facendo de Arzúa unha gran asemblea común de xente que traballa polo respecto ao entorno.

Nesta ocasión, ao igual que o ano pasado, centra a atención do festival a loita contra o lume. Así, baixo o berro de "Lumes nunca máis, o monte para quen o defenda" a edición denunciará o desequilibrio entre a humanidade e o planeta tentando axudar a construír "un mundo onde caiban todos os mundos".

Entre as actividades que se desenvolverán no festival destaca a Feir@activa diversos expositores amosarán, exporán e venderán os seus produtos, ideas, proxectos e descubrimentos. A música chegará co festival Galeuzca onde actuarán grupos de Galiza, Euscadi e Cataluña. Na sección teatral representaranse espectáculos galegos de temática mediambiental, mentres que nas ‘Demostracións’ realizaranse actividades de carácter práctico e experimental.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: