Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
[BILLARDA]

A selección galega vence a Asturias no I Internacional de Billarda

O pasado 24 de setembro viviuse unha histórica xornada para a Billarda galega. Logo dos debuts das seleccións de fútbol, básquet, tenis de mesa, triatlón e balonmán, por fin chegou a estrea da selección galega de billarda. Os nosos homes enfrontáronse ao potente combinado asturiano acadando un histórico triunfo por 21-27. Como sempre Televaral non se perdeu a cita e xa emite as primeiras imaxes do encontro así como entrevistas cos protagonistas.

- 15:44 26/09/2006
Tags:

As inclemencias meteorolóxicas non puideron coa Billarda. O pasado domingo, e con temporal incluído, a selección galega de billarda desputou na localidade asturiana de Castrillón o seu primeiro partido oficial.

Galiza fíxose cun traballado triunfo po 21-27 fronte a unha potentes Asturias onde aos xa coñecidos xogadores da Liga Nacional de Billarda sumáronse os palanadores e palanadoras da Liga Nacional de Lirio.

Coma sempre, Televaral converteuse na canle oficiosa da cita e xa emite as primeiras reportaxes con entrevistas aos protagonistas. No primeiro vídeo Xoán Pico fala con Albarín pola parte asturiana e con Ismael, o Zidane da billarda, por parte dos galegos. No segundo vídeo Fernando, un dos palanadores máis destacados do combinado cantábrico, destaca a importancia da competición por enriba das condicións climatolóxicas.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: