Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DIÁLOGO DE CULTURAS, ALIANZA DE CIVILIZACIÓNS

A integración do Islam na sociedade europea, a debate nos IV Encontros de Mondariz Balneario

A intervención do polémico e recoñecido profesor universitario suízo de ascendencia exipcia Tariq Ramadan centrou a segunda xornada dos IV Encontros de Monzaríz Balneario. Baixo o título ‘Europa e o Islam’, Ramadan desenvolveu as súas coñecidas teses sobre a necesidade de integración do Islam en Occidente como unha relixión europea máis. Para a última xornada, este xoves, están previstas as intervencións de Nadia Yassine e Rita Khayat, que desenvolverán dúas visións contrapostas sobre a realidade das sociedades árabes musulmás.

- 09:19 21/09/2006
Tags:

A Fundación Carlos Casares celebra estes días os IV Encontros de Mondariz Balneario que nesta edición versan sobre o diálogo entre culturas. Logo das intervencións de Fernando Vallesín e Antonio Elorza na xornada inaugural, o mércores foi Tariq Ramadan quen protagonizou o encontro.

O analista suízo de ascendencia exipcia desenvolveu na súa comunicación as súas coñecidas teses sobre a necesidade de integración do Islam en Occidente como unha relixión europea máis. Ramadan convidou os musulmáns europeos a facer parte da sociedade civil dos países que os acollan e aceptando a participación democrática e respectando as institucións.

Na xornada de clausura, este xoves 21, será Nadia Yassine quen abra as comunicacións con ‘Relixión e Modernidade’ seguida de Rita el Khayat e ‘A muller no mundo árabe’. As dúas desenvolverán dúas visións contrapostas sobre a realidade das sociedades árabes musulmás.


0/5 (0 votos)