Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barbanza

Edición xestionada por Adolfo Muíños
RSS de Barbanza
CON BOIRO E NOIA COMO EIXES XEOGRÁFICOS

Galiza Nova desenvolve no Barbanza as Xornadas de Verán

Por décimo oitavo ano de xeito ininterrompido celébranse na fin de semana do 22, 23 e 24 de setembro as Xornadas de Verán de Galiza Nova. As Xornadas preséntanse como un evento lúdico e reivindicativo, e como un punto de encontro entre os rapaces/as nacionalistas de toda Galiza, con actividades festivo-culturais e formativas. Neste ano, ademáis de coñecer a nosa comarca a través de distintos roteiros, unha das temáticas que se abordará, non podería ser doutro modo, é a crise dos lumes que asolou o noso país no mes de agosto. Non faltará tampouco un espazo para a recuperación da memoria histórica, nun coloquio en Boiro sobre a figura de Ramón Martínez López, coa presenza de Avelino Pousa Antelo e X.L. Axeitos.

- 11:40 22/09/2006
Tags:

Tamén se inclúe, xa en Noia, unha homenaxe a Antón Avilés de Taramancos. E por suposto, haberá espazo para a festa, con actuacións dos novos e orixinais sons de grupos musicais galegos formados moi recentemente (Som do Galpom e Galegoz) e para os sons tradicionais das regueifas. As xornadas, abertas á participación de calquer persoa con interese, só requiren unha cota de 15 euros, na cal están incluidas todas as comidas, o desprazamento e a durmida.

PROGRAMA

Venres 22
18-19 h.: Chegada a Boiro.
19 h.: Chegada ao lugar de aloxamento.
20 h.: Recepción no Centro Arqueolóxico do Neixón (Boiro)e discurso do alcalde, Xosé Deira, do responsábel Comarcal do BNG, Manel Casal, e o responsábel comarcal de Galiza Nova, Xurxo Paz. Reseña a María Mariño e a súa relación co Pazo.
21 h. Cea, no propio centro Arqueolóxico: mexillóns, sardiñas, pan de millo e viño (alternativa vexetariana).
23.30 h. Festa co contacontos Quico Cadaval no Pub Esmorga (Boiro) e o grupo musical Som do Galpom

Sábado 23
11:00 :-Roteiro pola serra, visitas as piscinas naturais do Río Pedras (Póvoa do Caramiñal) en caso de choiva desenvolverase unha Charla da Asociación Cultural Barbantia: Cultura e etnografía da Barbanza. (No museo arqueolóxico da Barbanza, Neixón)
13h.: Xantar, habilitarase un espazo no contorno natural da piscinas: empanadas, tortillas, pinchos...)
15 h.: Saída cara Corrubedo (Ribeira) e tarde na praia con Xogos tradicionais e Bolos Celtas.
18.30 Charla-coloquio no centro ecoloxista de Corrubedo: A problemática dos incendios: claves da nova política forestal cos poñentes: Alfredo Suárez Canal (por confirmar), un membro de ADEGA e moderando Ania Pérez.
20 h. Saída cara Boiro e ás 20.30 h.: Charla-coloquio na Casa da Cultura de Boiro sobre: Recuperando a nosa memoria histórica: Ramón Martinez López, traxectoria e actualidade do seu pensamento, con Avelino Pousa Antelo (Histórico militante do nacionalismo) e Xosé Luís Axeitos (Membro da Real Academia Galega.
22:30 Concerto Festa da diversidade, con GalegoZ e Suso o de Xornes (regueifeiro).

Domingo 24
11.30 h.: Recepción en Noia perante o busto de Antón Avilés de Taramancos
12.30 h.: Degustación de pinchos na Tasca Típica e lectura de poemas en memoria de Antón Avilés de Taramancos.
14 h.: Xantar no entorno do Río Tambre amenizado por algún grupo de gaitas e pandereteiras.
16.30 h.: Clausura e despedida.
17 h.: Parten os autobuses para as respectivas comarcas.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: