Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
A PLATAFORMA PRESENTA AS SÚAS REIVINDICACIÓNS ÁS COMISIÓNS DE COMPETENCIA E DE SOCIEDADE DA INFORMACIÓN

'Todos Contra o Canon' tamén en Europa

Cumprindo coa súa promesa de esgotar todas as vías posíbeis, a asociación 'Todos Contra o Canon' quere facerse oír en Bruxelas. Para iso, hoxe preséntase na sede madrileña da Comisión Europea con case 650.000 asinaturas dúas cartas: unha para Neelie Kroes, comisaria de Competencia, e outra para Viviane Reding, comisaria de Sociedade da Información.

- 11:32 18/09/2006
Tags:

Mentres no estado español as asociacións sectoriais de empresas e as xestoras dos dereitos de autor xa comezaron a reunirse para fixar que taxas vai supoñer en cada producto o 'canon dixital', a plataforma que segue plantando cara á Lei de Propiedade Intelectual recurre a Europa para tratar de frear que se estableza un imposto para todos os consumidores dedicado a entidades privadas.

'Todos Contra o Canon' visita as oficinas da Comisión Europea en Madrid acompañada das case 650.000 asinaturas que levan xuntado en contra de que SGAE, Aetic, Asimelec ou Facua cobren un canon por cada soporte dixital gravábel vendido no estado. Coa mesma, presentan dúas cartas para as comisarias europeas de Competencia e Sociedade da Información nas que argumentan que o canon lles parece "indiscriminado" e afirman que "perxudica o acceso á sociedade da información".

Ademais, o equipo de avogados da plataforma está rematando de preparar o recurso de inconstitucionalidade que presentarán en contra da Lei de Propiedade Intelectual, que leva en vigor desde o 29 de xullo deste ano.

Anteriores:

  • Conseguidas máis de medio millón de sinaturas contra o canon que impón a LPI
  • 'Todos Contra o Canon' vai impugnar a Lei de Propiedade Intelectual
  • "Todos contra o canon": internet coma oportunidade e non como ameaza


  • 0/5 (0 votos)