Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
A 'MAZÁ' PRESENTA MÁIS XOGUETES

Apple fai públicos os novos iPods e unha 'cinetenda'

Preto dun cento de filmes producidos por Disney, Pixar, Miramax e Touchstone están desde esta semana a disposición dos usuarios da tenda iTunes de Apple, a un prezo de descarga de menos de dez euros por película, cun catálogo que se incrementará en pouco tempo. Por outra parte, Apple tamén presentou as novas versións do popular reprodutor iPod, incluído un con capacidade de 80GB. Con todo a principal novidade chegará aínda a comezos de 2007, cando a empresa presente o proxecto iTV, un novo aparato a buscar sitio nos fogares que xuntará capacidades de computador e televisor e facilitará a descarga directa de filmes, música ou programas televisivos.

- 10:00 13/09/2006
Tags:


0/5 (0 votos)