O corredor catalán de orixe galega Xosé Antonio Hermida foi afastado da selección española logo de coñecerse o pasado venres a súa implicación na operación antidopaxe Puerto. O ciclista, que estes días estaba competindo no Campionato do Mundo, non puido participar onte na proba de revezos na que a selección española defendía o título. Segundo o secretario xeral da Federación Española, Eugenio Bermúdez, a decisión de que non competise estivo motivada en que "é algo que está estipulado no regulamento". Malia que Bermúdez asegura que Hermida aceptou a decisión, o corredor xa anunciou a súa intención de emprender accións legais contra a Federación Española de Ciclismo.