Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

PSdeG: preparados, listos, xa...

Deixemos agora ó PP e voltemos a nosa ollada a outro grupo, o PSdeG, que compite coa esperanza de acadar mellores resultados que nas derradeiras eleccións, nas que como é ben sabido, se quedou sen alcaldía, por non dicir, que a tiña que perder.

- 23:48 14/03/1999
Tags:

Pois ben, os chicos do PSdeG tiveron tamén o sábado a visita do aspirante, neste caso ó Goberno Central, José Borrell. Este acudíu a Vigo para arroupar ó candidato do partido, Carlos Príncipe. Temos que dicir, en honra á verdade, que os cubertos da cea-mitín, pagados polos próprios militantes, foron moitos e, o ambente festivo. Príncipe estivo arroupado sen fisuras pola cúpula do PSOE galego e os militantes abarrotaron tres andares do Hotel Bahía, onde tivo lugar o evento. Neste caso os persoaxes que tomaron a palabra foron Príncipe, Touriño e Borrell. Príncipe, o tiña claro. Ben vestido, cun traxe completo e un programa axeitado, falou tan só, para non aburrir á concorrencia, das líñas básicas so mesmo "Igualdade social, educación, urbanismo humanizado, integración e defensa do interese público nas empresas municipais". Todo elo, segundo o candidato, para conquerir "converter a Vigo na capital da Galicia do século XXI". Pérez Touriño, o secretario xeral dos socialistas galegos, falou tamén da cidade, da que dixo: "Vigo ten que ser tratada polo PSdeG como o que é, a cidade máis importante de Galicia e, non como fan outros partidos..." Como remate das intervencións, tomou a palabra José Borrell, que fixo un chamamento ós militantes para que recuperen a ilusión. Dixo tamén que teñen que ter presentes os erros cometidos polo partido pero que non por elo débense esquencer os acertos. José Borrell sen olvidar a política galega, aínda que tamén repartiu críticas a Aznar, falou de Manuel Fraga criticando tamén a súa política para cos galegos. A cea concorriron caseque tódolos que tiñan que estar, nesta ocasión e sen malas caras, dando un exemplo impecable de harmonia e pechando fileiras ó redor de Carlos Príncipe, o PSdeG superou o exame inicial da presentación cunha capacidade de convocatoria que de seguro surprendeu ós próprios convocantes. Entre os rostros máis coñecidos, non faltou nin o próprio Abel Caballero e tamén, aínda que a súa presencia non foi oficialmente avisada, a deputada Cristina Narbona. Polo demáis, alcaldes e ex-alcaldes socialistas da zona, representantes de caseque tódalas asociacións veciñais, sindicalistas da UGT e moitísima xuventude, compartiron charlas e brindis ata máis aló da unha da madrugada, hora na que ós pouquiños e por grupos, os militantes e simpatizantes foron abandoando as instalacións do hotel.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: