Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PROXECTO DE CELULOSA NA FRONTEIRA CON ARXENTINA

Ence cavila renunciar á papeleira uruguaia

Coas obras temporalmente paralizadas, cando menos até final de ano, en atención á petición desde Arxentina e ao tempo que o goberno Kirchner segue a presión para que o propio Banco Mundial renuncie ao financiamento comprometido para as celulosas de Botnia e Ence, esta última empresa podería renunciar ao proxecto, segundo publicou o diario arxentino La Nación. Citando fontes empresariales próximas, o periódico asegura que executivos de Ence estarían debatendo a conxelación definitiva da fábrica proxectada na marxe oriental do río Uruguai. Ao fío desa información, o diario uruguaio La República, retrucaba ao día seguinte que segundo un alto directivo de Ence confirmara a continuidade do proxecto de celulosa.

  • Anterior: Arxentina pídelle ao Banco Mundial que non financie as papeleiras

- 06:59 31/07/2006
Tags:


0/5 (0 votos)