O SCR de Oleiros estará representado con dúas corredoras nos próximos campionatos europeos de contrarreloxo, fondo en estrada e Four Cross que se celebrarán esta fin de semana na localidade neerlandesa de Heerlen, e a finais de xullo en Stollberg, Alemaña. Lucía Gato xa se atopa en Heerlen para desputar as probas de contrarreloxo e fondo en estrada. Por outra banda, a oleirense Eva Castro, desprazarase o vindeiro día 29 ata Stollber para competir na modalidade de Four Cross.
Lucía Gato e Eva Castro representarán ao SCR de Oleiros nos europeos de ciclismo. As dúas corredoras participarán coa selección española nas probas que se desputarán esta fin de semana en Heerlen, nos Países Baixos e a finais de xullo na localidade xermánica de Stollberg.
Lucía Gato participará esta fin de semana nas probas de contrarreloxo e fondo en estrada. Pola súa parte, Eva Castro competirá o próximo día 29 na modalidade de Four Cross, esta vez en Stollberg.
"Estoume a preparar a fondo para o próximo día 29, xa que nun europeo non están nin as americanas, australianas... e podo optar a unha boa posición. Nunca desputei un europeo, sempre mundiais. Por iso vou con moitas ganas de facer algo bo. Que en teoría en posicións europeas ando entre a 3ª e 4ª, polo que unha medalla poder ser" declarou a ciclista oleirense.