Hai unhas semanas que apareceu na rede o dominio Googlecat.com, que aproveita a imaxe do coñecido motor de busca para presentar unha ferramenta de procura nas webs en lingua catalá. Pola súa banda, Google dispón xa dunha versión en catalán, e rexistrou xa o enderezo Google.cat, que aínda non está operativo. Agora vén de aparecer tamén Xarxacat.cat, buscador de webs baixo o dominio .cat que fedella nun volume de máis de 430 mil páxinas acollidas baixo o nome de dominio para a lingua e a cultura catalá.