A Convivencia de Familias de Special Olympics, celebrada esta fin de semana en O Carballiño, foi o escenario elixido por esta asociación para facer entrega das Medallas Special Olympics Galiza. O galardón, que foi creado este ano, recoñece a labor de varias persoas pola promoción do movemento asociativo de familias e a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual. Seis foron as persoas que recibiron as medallas: Bernardino González García, Carlos Ortiz Ramos, Carlos Outeiriño, Concepción Teijeiro, Elías Palacio e Carlos Martínez González.
A asociación de pais, profesionais e amigos de persoas con discapacidade intelectual Special Olýmpics Galiza, concedeu por primeira vez a súas medallas co obxectivo de recoñecer a labor de varios persoeiros a prol das persoas con discapacidade intelectual. As personalidades que recibiron as medallas foron:
Bernardino González García, da Asociación Aspanas, de Ourense. Foi fundador en 1966 da Asociación Aspanas, de Ourense, e conta con 30 anos de servizo á causa das persoas con discapacidade intelectual.
Carlos Ortiz Ramos, da Asociación San Francisco, de Vigo. Carlos Ortiz foi o iniciador dos Centros San Francisco no ano 1966 e continúa ao fronte dos mesmos, tamén foi cofundador de Fademga Feaps Galiza, e asesor da Oficina Internacional da Infancia. Conta con varios galardóns de recoñecido prestixio como a Medalla de Galicia ou Vigués distinguido.
Carlos Outeriño Muñoz, da Asociación As Burgas, de Ourense. Carlos Outeiriño pertence dende 1976 á Asociación As Burgas, entidade que foi fundada en 1973. Durante 30 anos dedicouse a colaborar desinteresadamente con esta Asociación.
Concepción Teijeiro Revilla, da Asociacion Aspnais, de Lugo. Nomeada Presidenta de Honra de Aspnais en 1970 ten no seu poder a Cruz e Banda da Beneficencia, outorgada en 1971. En 1979 foi elexida Presidenta efectiva da Asociación Provincial de Pais de Minusválidos Psíquicos de Lugo (Aspanais) e en 1979 elexida presidenta efectiva da Asociacións. Conta con numerosos galardóns como Lucense del Año en dúas ocasións, en 1996 foi nomeada Milagrosista del Año, en 2003 a proposta do Conselleiro de Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e por acordo do Consello da Xunta de Galicia, concédeselle a Medalla Castelao. Conta con catro libres escritos e na actualidade segue presidindo Aspanais.
Elías Palacio Verdini, da Asociación Aspronaga, de A Coruña. Elías Palacio foi xerente de Aspronaga dende setembro de 1966 ata decembro de 2002 e actualmente é Secretario da xunta Directiva da asociación e da Fundación Tutelar Aspronaga. É tamén membro da xunta Directiva de Fademga, do Consello Galego de Persoas con Discapacidade e do Comité Executivo do Cermi Galicia.
Carlos Martínez González, da Asociación Aspronaga, de A Coruña. Carlos Martínez é socio de Aspronaga dende 1969, vocal da xunta rectora dende 1970, vicepresidente en 1971, e Presidente dende 1978 ata o seu cese en 2002. Promotor e Presidente da Fundación Tutelar Aspronaga dende a súa constitución en 1996 ata a actualidade, participou na constitución e redacción dos Estatutos de Fademga, sendo o seu primeiro presidente dende 1979 ata 1981. Foi membro da Xunta Directiva de Feaps e do órgano de goberno da Mutualidade de Previsión Social de Axuda a Minusválidos.