Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
APROBADA A PROPOSTA

O Parlamento Europeo permitirá as comunicacións escritas cos cidadáns en galego

Os cidadáns galegos, cataláns e vascos poderán enviarlle os seus escritos ou peticións ao Parlamento europeo escritos nas súas respectivas linguas, e do mesmo xeito, terán dereito a recibir resposta escrita na súa propia lingua. Será posíbel despois da aprobación este luns da proposta para o uso das linguas cooficiais estatais nas comunicacións coa Eurocámara, e que compromete ao Estado español a financiar os gastos da aplicación desta iniciativa. De momento segue a porta pechada ao uso das mesmas linguas por parte dos eurodeputados. Votaron en contra os deputados conservadores e a favor o resto, resolvendo a desputa o voto do presidente do Parlamento, Josep Borrell. Desde Galeuscat critican a presión do Partido Popular Europeo "que fixo todo o posíbel por afastar o Parlamento dos cidadáns dunha parte de Europa", e denuncian especialmente a posición do deputado popular español Aleix Vidal-Quadras.

  • Máis información na web do deputado Ignasi Guardans, de Galeuscat (CiU)
  • Campaña polo catalán-galego-euskera no Parlamento Europeo
  • Anterior: O Parlamento Europeo volve considerar a admisión do galego nas comunicacións dos cidadáns.
  • O BNG valora a decisión da Mesa do Parlamento Europeo.

- 09:17 04/07/2006
Tags:


0/5 (0 votos)