Segue a porta pechada á utilización da lingua galega en comisións parlamentarias da cámara europea, malia que podería ir adiante a posibilidade do seu uso nas comunicacións dos cidadáns co Parlamento. A cuestión está outra vez este luns na axenda de debate da mesa do Europarlamento, onde o seu presidente Josep Borrell, e os 14 vicepresidentes membros dos diversos grupos que integran a institución, deberán pronunciarse novamente sobre a cuestión. Con sete representantes nese órgano, o Partido Popular Europeo, PPE, volverá presionar contra a iniciativa, xa rexeitada hai varios meses.