Esta mañá déronse a coñecer os xogadores que finalmente compoñerán a selección galega de baloncesto no partido do mércores fronte a Xapón. Estes son os homes que representan o noso mellor básquet. Cres que falta ou sobra alguén? coméntao no noso Foro.
Bases | |
O Porriño, 1979. 1,89m. Club: Leite Río Breogán |
Javi Rodríguez Base que destaca pola súa potencia física. Nel converxen a altura, a forza, a velocidade e o salto. Xogador ideal para xogar ao contraataque. Gústalle penetrar na zona procurando a asistencia ou a entrada. Malia ser base, destaca polos seus números nos rebotes. Gran defensor no un contra un. |
|
Lino López Formado nas categorías inferiores do Club Baloncesto Oar de Ferrol trátase dun gran anotador e pasador. A tempada pasada acadou uns grandes números: 17 puntos e 5 asistencias de media no Celso Míguez da LEB 2. |
Alas | |
Ferrol, 1977 2,02m Club: Celso Míguez |
Lucho Fernández Xosé Luís «Lucho Fernández» é un ala-pivot de gran rapidez e acerto en tiros de 3 puntos. Formado na canteira do Santa Marina de Ferrol, está considerado un dos mellores "catros" da LEB. Militou en Los Barrios, La Palma, e no Bilbao Basket. |
A Laracha, 1975 2,04m Club: Bruesa Gipuzkoa Basket |
Xosé Ramón Esmorís Ala-pivot de 2,04 metros e 108 quilos de peso. Formado na canteira do OAR Ferrol, o pivot zurdo suple a súa falta de centímetros coa súa habilidade no ataque e cun bo tiro exterior. Conseguiu a medalle de bronce no Europeo xuvenil desputado en Salónica no 91 e posúe unha ampla experiencia en ascender equipos da LEB á ACB |
Ourense, 1976 1,95m Club Ourense Baloncesto |
Sony Vázquez Xosé Antonio Vázquez, máis coñecido como Sony Vázquez, é un escolta-alero tirador e un dos emblemas do Club Ourense Baloncesto, no que leva cinco tempadas, tanto na ACB como na LEB. Na última campaña acadou 9,55 puntos, 2,9 rebotes e 1,5 asistencias de media por partido. |
1,97m Club Ourense Baloncesto |
Rubén Vila O ala do Club Ourense Baloncesto está saíndo dunha lesión de xeonllo polo que non está aínda clara a súa condición de seleccionabel. Posúe un moi bo tiro porén, é un pouco irregular en defensa. |
1981 1'95m Club: Los Barrios |
Xulio González Sánchez Este estremo de case dous metros de estatura foi campión do mundo junior xunto con Pau Gasol no 1999. Esta tempada, no Los Barrios e baixo as ordes de Quino Salvo, acadou 7,5 puntos, 2 rebotes e 1,4 asistencias por partido. |
1969 1,96m Club: CB Chantada |
Xosé Xerardo Rama Vázquez (Coke Rama) O ala do Chantada destaca polo seu alto porcentaxe anotador no tiro de campo. Achegará a experiencia e veteranía ao combinado galego. |
Pivotes | |
Betanzos, 1978 |
Manu Gómez Pivot con gran pesenza física e enorme entrega e loita na cancha. Moi efectivo baixo o poste baixo onde tamén destaca como reboteador. Sólido en defensa, é un bo tirador de tiros libres e incluso de triplas. É un xogador de equipo. |
Chantada, 1983 2,09m Club: Akasvayu Girona |
Fran Vázquez É sen dúbida a estrela da selección galega. O ano pasado foi elixido no número 11 do draft da NBA polos Magic Orlando pero renunciou a súa praza e fichou polo Akasvayu de Girona converténdose no xogador mellor pagado da ACB. Gran reboteador e taponeador. Posúe un gran tiro desde media distancia, así como uns moi bos números desde a liña de tiros libres. |
Noia, 1987 2,03m Club: CAI Zaragoza (cedido polo Real Madrid) |
Xosé Anxo Antelo Formouse na canteira do CB Noia aínda que moi cedo ingresaría nas filas do Real Madrid. Campión do último Europeo Junior coa selección española, ten moi bos números no lanzamento de campo así como na faceta reboteadora. É unha das grandes promesas do básquet galego. |
Vigo, 1980 |
Javi Román Javier Román Maseda formouse como xogador en Vigo. Foi campión da Liga EBA na tempada 02/03 co San Narciso Peixe Fresco. Destaca pola súa gran progresión e polo seu alto porcentaxe anotador en tiros de campo. |