Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CANLE ALTERNATIVA PARA A PROMOCIÓN DO GALEGO

O concello do Porriño organiza o II concurso de mensaxes de móbil

A área de Normalización Lingüística do Concello do Porriño anunciou a posta en marcha da segunda edición do concurso de mensaxes de móbil para promocionar o emprego da lingua. Os participantes deberán escribir os seus sms en galego e non poderán empregar máis de 150 caracteres. Haberá 250 de premio para a mensaxe gañadora.

- 16:21 22/06/2006
Tags:

Ademais destas características, os textos que se envíen para poder participar no concurso han ser orixinais e non presentarse antes a ningunha outra proba. Os convocantes tamén anunciaron que os sms han ser de tema libre e "nelas valoraranse a súa orixinalidade e calidade de expresión".

Para poder celebrar o concurso, o concello contou coa colaboración do centro cultural da localidade, e ten como obxectivo "achegar a lingua galega aos máis novos", e, no caso de que a gañadora ou gañador sexa menor de idade, o premio consistirá nun agasallo polo valor do importe acordado, afirman.

Segundo explicaron tamén os organizadores do certame, todas as mensaxes que se reciban mostraranse na páxina web da biblioteca e han valer para mudar as canles tradicionais de promoción do idioma facendo uso das novas tecnoloxías. Ademais do primeiro premio, un segundo de 150 e un terceiro de 10 euros completan o catálogo.

Para poder participar, os sms deberán enviarse ao número 630468553 e non poderán incluir acentos ortográficos. Apesar das indicacións, as bases do concurso pódense consultar aquí e as mensaxes poderán enviarse até o día 30 de xuño.


0/5 (0 votos)