Cun investimento conxunto de 16 millóns de euros, a Xunta anunciou este martes o submninistro ás aulas galegas de diverso material informático, nun proxecto no que colaboran a consellaría de Educación e a entidade estatal Red.es. Así, o próximo curso, a adminitración educativa galega distribuirá un total de 10.576 PCs; 6.043 pantallas; 2.425 ordenadores portátiles; 425 impresoras láser; 541 impresoras láser departamentais; 150 impresoras inxección; 80 equipos multifunción láser; 900 proxectores electrónicos; 308 pizarras dixitais; e 200 equipos de comunicacións. A chegada do novo material vai acompañada dun plan formativo para o profesorado. Lembrámoslles ao fío a aprobación hai pouco da iniciativa pola que até dez mil familias galegas poderán solicitar axudas de 300 euros para mercar computadores.