Coa reforma da Lei de Propiedade Intelectual afrontando o último treito do debate, un informe da comisión asesora do ministerio de Industria que recomendaba directamente a supresión do chamado "canon dixital" aumentara a polémica e a incerteza sobre a decisión final do Congreso, que esta mesma semana debería ser definitiva. Desta volta, a Sociedade Xeral de Autores, SGAE, fixo público o informe encargado a unha consultora onde se pon en dúbida que a taxa sexa barreira para o desenvolvemento da sociedade da información e mesmo á defende como ferramenta para o incentivo da actividade creativa. Para ampliar sobre a outra versión, recomendámoslles o portal Todos contra o canon.