Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SUCEDE A MIGUEL ANXO FERNÁN VELLO

Alfonso García Sanmartín, novo presidente dos editores galegos

O director da Editorial Rodeira (Grupo Edebé), Alfonso García Sanmartín, foi elixido onte presidente da Asociación Galega de Editores, sucedendo a Miguel Anxo Fernán Vello, que estivera á fronte da directiva nos dous últimos anos. O novo equipo complétano Fran Alonso (Xerais) na vicepresidencia, Xosé Ballesteros (Kalandraka) na tesourería e Pilar Sampil (Galaxia) como secretaria. As vogalías serán ocupadas por Charo Portela (Ediciós do Castro), Ana Guerra (Obradoiro), Mónica Nin (Hércules de Ediciones) e Telmo Eiriz (Galinova). Na mesma asemblea foi elixida a comisión de garantías, que se ocupa dos asuntos de réxime interno e da admisión de novos asociados, que estará formada por Miguel Anxo Fernán Vello (Espiral Maior), Susana Lamela (Tambre) e Irene Penas (Everest Galicia).

- 15:06 20/06/2006
Tags:


0/5 (0 votos)