Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
E A MARTE EN CORENTA ANOS

Hawking prognostica que haberá veciños na Lúa en 2026

En vinte anos podería haber asentamentos humanos permanentes na Lúa e en corenta anos en Marte", prognosticou esta semana o prestixioso científico británico Stephen Hawking, nunha rolda de prensa en Hong-Kong onde agoirou que neste século haberá bases que se autoabastecerán sen depender da Terra. Iso si, precisou Hawking que iso será "se somos capaces de non matarnos entre nós mesmos durante os próximos cen anos". Con estas previsións na axenda científica xa hai quen anda vendendo ferrados do satélite a bo prezo e os amigos do ladrillo xa especulan cos inexplorados predios do satélite onde erguer pisos e pendellos. Nós recomendámoslles que se queren facer compra en leiras virtuais, aposten por un investimento mellor e lle arrenden un recuncho á parcelaria de Fillos.org.

- 10:08 15/06/2006
Tags:


0/5 (0 votos)