Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SALÓ INTERNACIONAL DEL CÒMIC DE BARCELONA

O público elixe a Barsowia, do colectivo Polaqia, como Mellor Fanzine do 2005

Barsowia, a publicación periódica do colectivo Polaqia, recibiu esta fin de semana o Premio do Público ao Mellor Fanzine editado en 2005. Trátase do primeiro recoñecemento oficial que recebe Barsowia e chega precisamente no ano no que Polaqia, o amplo grupo de creadoras e creadores que a realiza, celebra o seu quinto aniversario. Aínda que a presenza galega no Saló foi moi intensa, Barsowia era a única obra editada en galego que optaba a un premio en Barcelona.

- 15:39 12/06/2006
Tags:

Este domingo clausurouse a XXIV edición do Saló Internacional del Còmic de Barcelona, o maior evento da banda deseñada no Estado. A publicación periódica do colectivo Polaqia recibiu en Barcelona o Premio do Público ao Mellor Fanzine editado en 2005.

Barsowia era a única obra editada en galego que optaba a algún premio, aínda así, Galiza estivo moi ben representada. Ademais dos autores de Polaqia, proxectos editoriais, profesionais a título individual e publicacións foráneas con participación de autores do país foron representados por máis dunha ducia de galegos, os cales desenvolveron na cidade condal unha intensa actividade creativa e editorial.

Membros do colectivo agradeceron o apoio de todos os lectores e lectoras que valoraron de xeito tan positivo o seu traballo e aproveitaron a ocasión para anunciar que este verán se publicará unha antoloxía en castelán titulada ‘Barsowia en llamas’ que recollerá unha selección de obras procedentes dos números un (agosto de 2003) a sete (xaneiro de 2006) da publicación, acompañadas ademais de abondoso material totalmente inédito.


Ligazóns

0/5 (0 votos)