Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
14 E 15 DE XULLO

Diversidade de estilos no Cultura Quente 06

A promotora galega ‘La Fábrica de Chocolate’ vén de anunciar os grupos que participarán este ano no festival Cultura Quente de Caldas de Reis. Coma sempre, será o segundo fin de semana de xullo cando a Carballeira da vila termal acolla o que é sen dúbida o festival de pop-rock máis importante do estío galego. A cita achegaranos ata Galiza a máis de vinte bandas e artistas que compoñen un cartel moi equilibrado e variado. Heavey Trash, o grupo formado por Jon Spencer e Matt Verta-Ray é, este ano, a gran aposta dos organizadores, que volven ofrecer a acampada e os concertos de balde.

- 15:04 05/06/2006
Tags:

Aínda sen información sobre os horarios e datas definitivas, xa coñecemos o cartel do próximo Cultura Quente de Caldas de Reis. O 14 e 15 de Xullo estarán na vila pontevedresa: Heavey Trash, formado por Jon Spencer e Matt Verta-Ray, os suecos Mando Diao, os norteamericanos Robert Gordon e Chris Speeding, os británicos Big Boss Man, os brasileiros BNegão e os seletores de frecuencia, os portugueses Mesa e Easyway, Ferpectamente ’20 años después’, Dhira, Canteca de Macao, Lepunk, Telefunken, Alameda de Soulna, Slowlee, Austria, Lori Meyers, Zoo, Los Coronas, Meu e Igloo.


Ligazóns

0/5 (0 votos)