Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
A EMPRESA GALEGA XESTIONARÁ AS COMUNICACIÓNS DOS EDIFICIOS MUNICIPAIS DA VILA

A fibra óptica de R chegará a Redondela despois do verán

Máis de 3.700 fogares e empresas de Redondela gozarán desde o próximo outono da conexión directa á infraestrutura de fibra óptica de R. Deste xeito, logo do acordo acadado polo alcalde de Redondela, Xaime Rey, e o director xeral de R, Arturo Dopico, Redondela entra a formar parte do grupo de cidades e concellos galegos que xa gozan de conexión directa á rede de telecomunicacións de última xeración que o operador galego está a despregar en toda Galiza.

- 13:00 29/05/2006
Tags:

R levará os seus servizos integrados de teléfono, internet de alta velocidade e televisión a uns 3.750 fogares e empresas de Redondela. A empresa galega investirá preto de dous millóns de euros neste 2006 nos 6,64 quilómetros de fibra que instalará na vila galega.
As obras, que se iniciarán no mes de xuño, rematarán previsibelmente en setembro, polo que en novembro R xa podería comezar a prestar os seus servizos en Redondela.

O acordo acadado a semana pasada tamén recolle a adxudicación das comunicacións do Concello ao operador galego, que desde agora vai xestionar a telefonía fixa e o acceso a internet de todos os centros e dependencias municipais. O contrato asinado entre o Concello de Redondela e R supón o aforro de custos de facturación, o aumento da seguridade na rede de telefonía fixa, e a integración de todas as dependencias municipais nunha única plataforma.


Ligazóns

0/5 (0 votos)