O concello de Vigo ten previsto dixitalizar e amosar na rede, unha parte do fondos fotográficos que constitúen o arquivo "Pacheco", un dos máis importantes de Galicia polo contido histórico e cultural que supón para a nosa cidade, a conservación das imaxes máis emblemáticas do Vigo dos anos 70 e 80.
O anuncio da inclusión deste arquivo informático na rede, foi efectuado polo concelleiro de Cultura, Carlos Príncipe o que asegurou, que esta iniciativa permitirá crealo primeiro museo virtual de Galicia no ano 2.001, así como a restauración e dixitalización destas obras. O concello, ten previsto destinar unha partida cun presuposto de 20 millóns de pesetas para recuperar esta colección e, solicitará para elo a colaboura dos expertos do Centro Nacional de Arte Contemporánea. O arquivo, ubicado na actualidade na Casa das Artes, está constituído por 500.000 documentos gráficos realizados entre 1.880 e 1.970 e, dos que máis de cen mil están en placas de cristal e o resto en fotografías e negativos. Carlos Príncipe definiu estes fondos como "unha memoria lúcida da historia do século XX na nosa cidade e dunha parte da sociedade galega" e, salientou que esta iniciativa permitirá o acceso a este patrimonio de numerosos cidadáns amantes da cultura.