Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
VENEZUELA É O PAÍS QUE MÁIS REFUXIADOS ACOLLE EN LATINOAMÉRICA

O Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados felicita a Venezuela

Perto de 7 mil colombianos solicitaron, dende o ano 2001, a condición de refuxiados en Venezuela, segundo cifras que manexa o director do Alto Comisionado para América para refuxiados ACNUR, Phillipe Lavanchy.

- 17:25 23/05/2006
Tags:

Aínda que o organismo estima que, en realidade, o número de persoas que ingresou ao territorio nacional é maior, a raíz de la situación crítica na que se vive en Colombia. Cremos que hai miles de persoas máis no país que non queren solicitar o mecanismo, isto estámolo tratando co Goberno para ter unha imaxe máis clara da situación, dixo Phillipe Lavanchy.

Aclarou que hai moitos colombianos que desexan quedarse no seu país, pero sen ningunha dúbida, o conflito que hai en Colombia trae máis e máis persoas en calidade de refuxiadas.

Até o día de hoxe mil casos adicionais aos 6 mil que están en estudo, foron resoltos favorabelmente.

Tolerancia cero para cos paramilitares

O director para América de Acnur, Phillipe Lavanchy, desmentiu o outorgamento da condición de refuxiados en Venezuela a paramilitares colombianos.

Explicou que a Convención de Xenebra, no seu artigo primeiro estabelece cláusulas de excepción, entre as cales está que, se unha persoa cometeu crimes ou actos de violencia, esta persoa non vai poder obter a condición de refuxiado.

Indicou que o mesmo texto internacional, define claramente a un refuxiado como toda persoa que sae do seu país de orixe a raíz de persecución por mor de raza, relixión, ou ideas políticas.

Solidarios cos refuxiados

Sobre a situación actual dos refuxiados en Venezuela, Phillipe Lavanchy discutiu onte co vicepresidente José Vicente Rangel nunha xuntanza que cualificou de moi positiva.

O representante do organismo internacional dixo que saíu do encontro contento polo compromiso do Goberno revolucionario venezuelano para enfrontar do mellor xeito posible este tema, e o esforzo para facer máis.

Recordou que Venezuela é un dos gobernos da rexión que estableceu o plan de acción que permite fortalecer os sistemas de protección dos refuxiados, ao tempo de contemplar en América Latina a situación de Colombia e responder do mellor xeito posíbel. A situación dos inmigrantes económicos non foi tratada na xuntanza.


0/5 (0 votos)