Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A UN ANO DAS MUNICIPAIS

O PPdeG recupera a Conde Roa para a candidatura á alcaldía de Santiago

Despois de axitados anos de revoltas internas no PP compostelán e de fracasar no asalto á alcaldía nos que foran os tempos de maior debilidade das outras formacións políticas da cidade, o PPdeG recupera a Xerardo Conde Roa, quen xa fora cartel dos conservadores nos tempos de Alianza Popular. Roa viña resistíndose desde hai tempo á proposta da dirección popular, pero finalmente aceptou o reto de relevar a Dositeo Rodríguez no desafío electoral da capital galega para as municipais de 2007.

- 06:57 18/05/2006
Tags:

Roa recoñeceu que afrontara un longo proceso de "meditación" antes de aceptar "trabar o anzol político" que lle tendera o partido para a súa volta ao escenario municipal compostelán, onde xa estivera nos anos 80 como concelleiro de Alianza Popular, voceiro do partido e primeiro tenente de alcalde, encabezando posteriormente a candidatura daquela formación nas municipais de 1987.

Xerardo Conde Roa afirmou volver "coa mesma ilusión e gañas" e admitiu que accede á candidatura "en circunstancias dífíciles" e que "non será meta doada" enfrontarse ao actual alcalde Xosé Sánchez Bugallo e máis logo da perda de poder do PPdeG na Xunta co cal "non haberá o apoio dunha administración que axude con promesas electorais". Nos próximos días, o actual voceiro municipal do PPdeG e candidato nas últimas citas coas urnas, Dositeo Rodríguez, deixará oficialmente a súa función, que será asumida polo actual presidente da xestora local do PP compostelán, Ricardo García Borregón, quen até a aceptación da candidatura por parte de Roa asomaba como probábel número un da lista.

Desde o PSdeG xa avaliaron o nomeamento de Roa, que foi cualificando por Ricardo Varela, secretario de organización do partido, como unha "volta ao pasado". Varela opinou que a escolla de Conde Roa significa que o ex ministro Xosé Manuel Romay Becaría "volve dirixir o PP en Galiza con Núñez Feijoo como monicreque" e que é evidencia da "influencia de Acebes, Zaplana e Rajoy" con Feijoo "pechándose á doutrina que desde aló lle impoñen". Segundo Ricardo Varela, "o PPdeG volve ao pasado e recupera políticas de hai vinte anos".

  • Anterior: Lento deseño de estratexias cara ás primeiras eleccións despois do cambio na Xunta

  • Opina nos foros de Vieiros
  • Anteriores:
    • Vigo: o lastre do pacto que non puido ser
    • A Coruña: primeira cita sen Vázquez
    • Ourense: a última maioría absoluta do PPdeG en ceder?
    • Santiago: exemplo de pacto
    • Lugo: factor Orozco
    • Pontevedra: reorganización da oposición na praza forte do BNG
    • Ferrol: cara a un tripartito?


    0/5 (0 votos)