Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A MEDIA LEXISLATURA E LOGO DO PAU NAS MUNICIPAIS

Blair podería demitir en 2007

Sumado o voto total, a caída ao terceiro posto do Partido Laborista, atrás dos "tories" e mesmo dos liberais, é evidencia da forte erosión no apoio ao primeiro ministro británico e líder dos laboristas, Tony Blair. Especulouse coa súa posíbel saída do goberno despois desa derrota nas urnas, aínda que finalmente Blair resolveu con varios cambios no executivo. Esta fin de semana, a prensa do Reino Unido recollía diversas fontes segundo as cales Blair deixaría o cargo a comezos do verán de 2007, moito antes das eleccións xerais de 2009. A caída nas sondaxes podería incluso acelerar esa demisión a este mesmo ano, deixándolle paso ao seu máis probábel sucesor, Gordon Brown, o actual ministro de Finanzas.

- 07:25 15/05/2006
Tags:


0/5 (0 votos)