Espazo Galego presenta unha nova iniciativa, unha Semana Cultural Galega para mostrar á sociedade catalá diferentes aspectos da cultura galega e que, en vindeiras edicións, pretende implicar a máis entidades da galeguidade dos Països Catalans. Nun único acto, o vindeiro 15 de maio ás 20 h na Biblioteca Bonnemaison, presentarase un certame literario para estudantes de galego e de portugués e un recital de poesía ao redor da exposición fotográfica AreaFemia de Carmela Gil, que acompañou o ciclo Galiza, sen rastro de Mulleres, agora exposta na biblioteca. Máis información, na web de Espazo Galego.