Logo da posta en liberdade dos detidos, recuperouse a mesa de negociación e avanzouse nas conversas deica a última hora deste martes. O diálogo continuaba a última hora desa xornada, coa mediación da delegación provincial de Traballo en Pontevedra e con moderado optimismo entre sindicatos e patronal. Os representantes dos traballadores trasládanlle este mércores en asemblea aos seus compañeiros a evolución da situación. Sen desconvocatoria aínda da folga, para esta mesma mañá agárdase a presentación dun primeiro borrador de acordo entre as partes.