Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
10.251 PARADOS MENOS

Galiza, segunda comunidade onde máis baixou o paro no último ano

O número de parados rexistrados no INEM en Galiza descendeu en 5.782 persoas no mes de abril en relación co mes anterior. Deste xeito, o número de desempregados galegos sitúase en 170.332. Segundo datos do Ministerio de Traballo, a baixada do paro na nosa comunidade foi do 3,28 por cento mentres que no conxunto de España baixou un 3,29%. En relación co mes de abril de 2005, o descenso é dun 5,68 por cento. En términos absolutos, Galiza é despois de Madrid a comunidade onde máis baixo o paro ao longo dos últimos doce meses con 10.251 parados menos. O número de contratos en abril elevouse a 58.642, porén, esto supón 6.723 menos que no mes de marzo. Os contratos indefinidos tamén sufriron un descenso de 849, situándose nun total de 5.851.

- 07:20 05/05/2006
Tags:


0/5 (0 votos)