"Mañán será amineiría, o forestal e todos os recursos naturais", prometeu o presidente de Bolivia, Evo Morales, insistindo en que o proceso de nacionalizacións é clave para relanzar a economía do país máis pobre de América. Mentres, comezan os momevementos dos executivos internacionais en defensa dos intereses dos xigantes empresariais que operan no país. O responsábel da política exterior da Unión Europea, Javier Solana, argumentaba durante a xornada do martes que "esta medida será prexudicial para o futuro económico e político de Bolivia" ao recurtar a "seguridade xurídica para os investidores extranxeiros". Pola súa parte, Moratinos acordou con Morales o envio dunha delegación política e técnica a Bolivia para analizar a nacionalización dos hidrocarburos e as súas consecuencias sobre as empresas españolas presentes no país.