Preto de dez milleiros de solicitudes foron xa autorizadas pola Fundació .cat durante o seu período de lanzamento nas fases iniciais que restrinxiron as peticións a entidades cunha dedicación especial á promoción da lingua e da cultura catalanas ou á persoas e colectivos que apoiaran a campaña diante da ICANN. Desde este luns ás 17h, calquera poderá solicitar o seu enderezo na rede co sufixo catalán. Aproveitando o Día do Libro, despregouse unha campaña de promoción con oferta especial para animar aos internautas a mercar o seu puntCat.
Logo do éxito das fases iniciais de rexistro, con máis de 9 mil autorizados e medio milleiro aínda en estudo, este luns ábrese ao público en xeral a posibilidade de rexistro, "Un libro, unha rosa e un dominio .cat", era a oferta dos libreiros cataláns esta fin de semana, aproveitando a festividade do Sant Jordi.
A Fundación PuntCat e o colectivo de libreiros repartiu en Cataluña, Baleares, Comunidade Valenciana e Andorra un total de 200 mil "puntos de lectura" con oferta para mercar dominios .cat a un prezo de quince euros. Poderán aproveitar o convite os dez mil primeiros que fagan uso do código que inclúe cada punto de lectura para rexistrar o seu dominio durante toda esta semana e a través dos rexistradores que participan na iniciativa, Nominalia e Entorno Digital.