Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
NOVOS PRODUCTOS E NOVOS PROXECTOS

A factoría Google ten corda para rato

A principal empresa e factoría de novos productos e servizos de internet, Google, non frea na súa carreira por seguir innovando e presentando de cada pouco novas creacións. Logo dunha fase de probas con usuarios aleatorios, presentan en sociedade Google Calendar. E chegan noticias da patente de un buscador de voz...

- 10:35 19/04/2006
Tags:

Google Calendar é un servizo libre e gratuíto do buscador Google, disponíbel, iso si, para os usuarios de Gmail, outra das súas revolucións na rede. Cada usuario dispón de un panel no que se atopa un calendario, un dietario por días, semanas e meses, un apartado no que consultar as previsións dos catro días que seguen, e unha axenda. Ofrece a posibilidade de compartir o calendario propio ou determinados eventos con amigos, ou de consultar outras axendas e almanaques públicos, modificalo á maneira do usuario, e, por suposto, de facer pesquisas co buscador para atopar as obrigas esquecidas. E a principal innovación: se se desexa, envía un boletín diario ao usuario coas súas obrigas para o día, que se pode recibir tamén por SMS.

No que se refire ao buscador de voz, está nunha fase de probas e cheo de erros, mais xa hai noticias de que este novo proxecto de software foi patentado pola empresa. A idea é crear un motor de busca que identifique as voces, sendo estas as que activan o mecanismo de procura de información. Deste xeito revolucionaríase a relación do usuario co buscador, mesmo o xeito de acceder a internet; e, polo tanto, o concepto da rede de redes.

Relacionadas:

  • Os tentáculos do xigante Google
  • Google, suma e segue


  • 0/5 (0 votos)