O pasado mes de setembro, os xestores do portal GalizaLivre.org, referencia do independentismo galego en internet, denunciaban que un ataque informático destruira a web. Funcionando desde aquela ao xeito de bitácora, a pouco de cumpriren o seu cuarto ano de historia, volven outra vez á rede con redeseño do espazo cara ao vello formato de comunidade. Os seus promotores denuncian que aquel ataque está vencellado coa "censura" e "criminalización" das persoas e colectivos vencellados ao independentismo.